Iconas da incultura Pop: Gloria Lago

glorylake1

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hai ideas máis contaminantes cas bolsas de plástico

bilingcaca

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ferramenta de expresión

Fedellando pola rede atopamos este tema dos Dios Ke Te Crew. Celso Emilio ao xeito do hip-hop. Vellos versos nas novas linguaxes para lle volver dar feitura a unha reivindicación na que seguimos a insistir medio século despois.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Academia cumpre o seu papel

Moitas cidadás e cidadáns que cremos no cumprimento da lei en materia lingüística, que reclamamos a adopción de medidas que garantan os dereitos das persoas galegofalantes e que esiximos que a presenza do galego en Galicia estea plenamente normalizada, estamos a sentirnos fortemente desamparadas fronte ás medidas que pretente impoñer o goberno de Núñez Feijoo.
As institucións que deben velar pola defensa dos nosos sinais de identidade (nomeadamente a RAG e o Consello da Cultura) deberían reaccionar decote e con maior firmeza ante o incumprimento da lexislación lingüística e o retroceso que este goberno está a iniciar, servindo así aos fins para os que foron creadas e dando abeiro á cidadanía que ve como o incumprimento da lei fica impune.
Por isto, cómpre recoñecerlle ao presidente da Real Academia Galega, Ramón Barreiro, o valor das declaracións feitas esta fin de semana ante Núñez Feijoo.

A plataforma Prolingua recolleu nesta anotación as noticias publicadas sobre o tema na prensa electrónica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O exemplo chega de lonxe

Coñecimos este vídeo, dunha serie de 5, que contén unha reportaxe sobre os cursos de galego para persoas estranxeiras organizados pola Universidade de Santiago de Compostela. Na presentación do vídeo dise o seguinte:

Dende hai varios anos a Universidade de Santiago de Compostela vén organizando os Cursos de galego para estranxeiros. Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes de todo o mundo se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura. Hai xa algún tempo tres compañeiros de instituto gravamos unha reportaxe sobre estes cursos. Dado que os que realizamos o vídeo traballamos no ensino, a nosa intención era elaborar unha ferramenta audiovisual que constribuíse á normalización do noso idioma e á eliminación dos prexuízos lingüísticos entre aqueles alumnos e alumnas que aínda non fixeron do galego a súa lingua de uso habitual. Probablemente non exista un método máis eficaz para o desbotamento deses prexuízos que aínda atenazan a boa parte do estudantado galego, cá contemplación dun vídeo na que, por exemplo, unha húngara exprese as razóns que a moveron a estudar galego e que o faga cun coñecemento do noso idioma realmente envexable. Ogallá vos guste e moitas grazas aos amigos estranxeiros, pero xa fillos de Galiza, que participaron no documental.


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google