A austeridade, a verdade e a liberdade do goberno de Feijoo en relación coa lingua

A semana en que se cumpren cen días do goberno do PP na Xunta de Galicia puidemos ler en varios medios de comunicación as declaracións do señor Rodríguez Miranda, voceiro do PPdeG, nas cales aplaudía a xestión de Núñez Feijoo dicindo que esta estivo articulada arredor de catro eixos: "austeridade, unidade, verdade e liberdade". Se no resto das políticas levadas adiante dende outros departamentos da Xunta se cumpriron estas máximas do mesmo xeito que no tocante á política lingüística, estaremos en disposición de asegurar que os eixos centrais da política de Feijoo son o malgasto, a mentira e a demagoxia.

MALGASTO E MENTIRA. Onte soubemos pola prensa que, tras desmentilo en reiteradas ocasións, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, recoñecía ter contratado unha empresa para realizar o escrutinio da famosa enquisa sobre o galego no ensino. Hoxe a prensa publica que non foi unha, senón dúas as empresas contratadas. O goberno mentiulle á cidadanía e esa mentira vainos saír cara.

En plena crise económica, este goberno que presume de austeridade destina cartos públicos a pagarlles a dúas empresas para, nada menos, xestionar unha enquisa partidista, demagóxica e sen garantías democráticas. Partidista porque soamente pretende xustificar o que o PP máis intolerante prometeu durante a campaña electoral; demagóxica porque na enquisa non se lles explica aos pais/nais claramente o que supón elixir cada unha das opcións que se ofrecen, e sen garantías democráticas porque non se atén a ningún criterio de transparencia xa que, como é sabido, en ningún momento se garantiu que fosen realmente os pais os que cubriron as enquisas nin sequera que chegasen a todas as casas; a cidadanía aínda está a agardar por uns datos que en calquera sistema minimamente democrático xa deberían estar á disposición pública hai bastantes semanas e, a xoia da coroa, sabemos hoxe que o conselleiro mentiu sobre o proceso de escrutinio.

Pero isto non é todo, este goberno que presume de austero non só contrata dúas empresas sen anuncialo publicamente, senón que, segundo se publica hoxe, unha das empresas é valenciana. Ao señor Feijoo, que di defender os intereses de Galicia, non lle parece importar que o diñeiro público dos galegos e galegas non vaia reverter nunha empresa que teña o seu CIF en Galicia. Por certo, cando pensan dicirnos como de cara nos vai saír a ditosa enquisa (xa se está a falar duns 400.000 euros)? E por que non se destinan eses cartos a cousas máis útiles e que beneficien á totalidade da cidadanía como, por exemplo, garantir a calidade do ensino nas Escolas Oficiais de Idiomas, onde se pretende recortar o número do profesorado?

DEMAGOXIA. Non se pode ser máis demagóxico ao afirmar que o goberno do PP se basea na liberdade, tomando como exemplo a liberdade de "expresarse no idioma que cada un escolla". Con este tipo de declaracións, o Partido Popular só está a conseguir darlle alas a organizacións galegófobas, antidemocráticas e mentirosas (organizacións que inventan discursos de imposición nos cales ninguén que reflexione minimamente pode acreditar ou animan aos seus correlixionarios a pasar por riba da lexislación educativa e lingüística da que nos dotamos democraticamente).

Señor Miranda e señores do Partido Popular, en Galicia, como no resto do mundo, ninguén é totalmente libre para escoller unha lingua. O coñecemento e o uso de determinadas linguas dentro dun territorio responde á aplicación de determinadas políticas lingüísticas ligadas á educación e á organización do Estado. Ou é que o señor Miranda é libre para escoller falar, por exemplo, en chinés? Vai animar o señor Miranda aos pais que así o desexen a que merquen libros de texto en chinés se escollen "en liberdade" que esa sexa a lingua na que queren que se eduquen os seus fillos?

En Galicia, para que unha persoa teña certa liberdade para elixir que un dos dous idiomas oficiais sexa a súa lingua de uso habitual ten que ter garantido o mesmo nivel de competencia lingüística nas dúas linguas. A día de hoxe, sabemos que o estudantado remata a educación obrigatoria cunha competencia moito maior en castelán ca en galego, polo que non se pode dicir que a sociedade escolla libremente falar castelán, senón que a educación e gran parte dos ámbitos sociais dotou a sociedade de maiores competencias nesa lingua. Iso chámase xogar con vantaxe.

Tras estes primeiros cen días, máis que garantir a liberdade de uso do castelán (que xa hai ben tempo que está garantida), o goberno da Xunta debería centrar os seus esforzos en garantir iguais competencias nas dúas linguas oficiais de Galicia e -tal e como dita o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento- en dinamizar a lingua galega por ser a que xoga con desvantaxe na nosa sociedade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Consideraciones sobre el euskera”. Joan Garí

Moito mellor nos iría nestes tempos escuros se este artiguiño tan breve como clarificador escrito por Joan Garí fose de lectura obrigatoria. A verdade que encerra a frase que reproduzo a seguir  debería arroibar a máis de un (se aínda tivesen algo de vergonza):

El “bilingüismo” es un fenómeno individual, que afecta a las personas y no a los territorios. No tiene ningún sentido afirmar que Euskadi es “un país bilingüe”. Los que son bilingües son una parte de sus habitantes, en concreto aquellos que hablan euskera y castellano. Los que sólo hablan castellano (puesto que ya no quedan hablantes exclusivos en euskera) son monolingües.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Linguas cruzadas

Dende flocos.tv pódese ver este documental realizado no ano 2007 que fala da situación do galego dende unha perspectiva da xente nova.

Fonte: Flocos

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Liberdade sen igualdade:

black_guy_drinking_water_in_usa_in_fifties3

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mimetizándose co medio

villarescheftexto2

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Educación infantil en galego

Unha das primeiras medidas lingüísticas tomadas polo actual goberno da Xunta foi modificar o borrador do Decreto de Educación Infantil que dicía que Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado progrese no coñecemento da outra lingua oficial de Galicia. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá. O feito de lles garantir o coñecemento da lingua galega a todos os nenos e nenas, independentemente da súa lingua materna,  foi considerado polo Partido Popular, seguindo os ditados de organizacións galegófobas como Galicia Bilingüe, como unha imposición.

O actual decreto de Infantil eliminou calquera tipo de referencia a cotas de uso das linguas o que de seguro se vai traducir nunha diminución do emprego do galego en contornos castelanfalantes. A nova redacción fica desta maneira: Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios desta etapa.

Recomendamos esta interensante reportaxe (de 2008) sobre experiencias de ensino en galego en educación infantil con testemuños de nais, pais e mestras sobre a necesidade de que se potencie o ensino en lingua galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Agitprop. Descarga/Imprime/Espalla.

imposicion44


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A serie “Grandes escenas patéticas do cinema mundial” presenta:

celuloide51

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pretenden recortar a presenza do galego na sanidade

O SATSE, Sindicato de Enfermería, fíxolle chegar ao Valedor do Pobo unha reclamación sobre a edición en galego duns folletos informativos da Consellaría de Sanidade. O sindicato alega que é “incongruente” ofrecer información de carácter sanitario en galego xa que “non toda a poboación da Comunidade Autónoma é natural, coñece o idioma cooficial nin ten a obriga legal de coñecelo”.

Merece a pena analizar estes argumentos para tirar á luz os prexuízos que agochan, asumidos incomprensiblemente por Benigno López, Valedor do Pobo (a actuación do Valedor en materia lingüística merecería ser motivo doutro comentario).

É curiosa a orde na que se enumeran os casos daqueles que correrían o risco de non entender o folleto. En primeiro lugar apélase aos habitantes de fóra de Galicia (“poboación non natural”): en materia lingüística, os galegos e galegas, sexamos “naturais” de Galicia ou nos sintamos galegos polo tempo de permanencia neste país, temos sempre que antepoñer os nosos dereitos aos dun suposto grupo de individuos que non entende a nosa lingua. Galicia debe ser un dos escasísimos lugares do mundo onde se actúa antepoñendo os dereitos das persoas que poidan estar aquí de xeito temporal aos dos propios habitantes ­–independentemente de cal sexa a orixe destes–, xa que só é xustificable que en Galicia unha persoa non coñeza o galego se non vive en Galicia ou se acaba de chegar, porque a lexislación lingüística garante o coñecemento das dúas linguas aos cidadáns. (Ou é que non se está a cumprir a lei? Daquela, cal debería ser a reclamación que lle teriamos que facer chegar ao Valedor do Pobo?)

En segundo lugar, na reclamación alúdese á poboación que non “coñece o idioma cooficial”. Isto ten que ver co que acabamos de dicir: a Administración galega debe garantirlle á cidadanía o coñecemento das dúas linguas oficiais, comezando polo ensino que di garantir que o alumnado ten que rematar a ensinanza obrigatoria con igual competencia en ambos os dous idiomas. Polo tanto, é moi escasa a poboación galega que descoñeza a lingua propia. De novo, preténdese facer da excepción unha norma. Por outra parte, o uso do adxectivo cooficial para referirse á lingua galega tamén deixa de manifesto cal é o idioma (e polo tanto os falantes) aos que quere protexer o sindicato SATSE. Segundo a lexislación, en Galicia non existe unha lingua oficial que sexa o castelán e unha lingua cooficial que sexa o galego. O galego e o castelán son linguas oficiais en igualdade de condicións.

Por último, afírmase que o folleto non debería estar escrito en galego porque ninguén ten “a obriga legal de coñecelo”. Dá igual que segundo os estudos sociolingüísticos o 90% das persoas que vaian ler ese folleto posiblemente o entendan, o realmente importante é que non debería estar en galego porque “eu” non teño a obriga de coñecelo. Este é o argumento definitivo, para que ninguén diga, como acabamos de facer, que non é posible que en Galicia existan cidadáns e cidadás que descoñezan o galego (agás, claro está, casos puntuais como persoas estranxeiras acabadas de chegar).

Aos que escribiron a reclamación (que, por certo, teñen a súa páxina web unicamente en castelán) impórtalles ben pouco se o folleto se entende ou non; o único que lles importa, máis ben lles molesta, é que estea escrito nunha lingua que desprezan e minusvaloran, utilizando ademais como argumento de peso o caso máis claro de discriminación presente na lexislación lingüística: o feito de que sendo galego e castelán idiomas oficiais en Galicia, un sexa de obrigado coñecemento e outro non. Comparte o Valedor do Pobo estes prexuízos lingüísticos?, por como actúa, vese que si.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A serie “Grandes escenas patéticas do cinema mundial” presenta:

celuloide42

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Máis alá de nós (mesmos)

Envíanos Miguel Louzao Outeiro o artigo Máis alá de nós (mesmos) como colaboración con Falantes.

O artigo saiu publicado no número 146 da revista Tempos Novos no mes de Xullo.

Miguel Louzao Outeiro é profesor de ensino secundario e colaborador de diversas plataformas de normalización e dinamización lingüística.

Máis alá de nós (mesmos)

Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades

Luis de Camões

A lingua galega está a pasar por unha difícil situación na que non coinciden a necesidade dos tempos coa intención das vontades. E isto acontece tanto no ámbito gobernamental, do que falaremos noutro momento, como no ámbito do activismo social a prol da lingua, do que nos ocuparemos nestas liñas.

Así pois, no contexto actual cómpre que axustemos necesidades e intencións para podermos avanzar socialmente na recuperación do galego. Ou estamos intelixentemente á altura dos tempos ou os tempos levarán por diante todos os nosos esforzos, traballos e bos propósitos.

Mudaron os tempos

Nos últimos trinta anos a estratexia que se implantou desde grupos que manteñen o monopolio do discurso da lingua tivo -e segue a ter- como idea central o monolingüismo en galego, entendido como uso exclusivo desta lingua e en clara oposición ao uso do castelán. Esta tese quizais foi axustada para aqueles anos 70 nos que realmente o galego era a lingua da maioría da poboación, mais a sociedade galega mudou. E no terreo lingüístico a mudanza foi cara a un abandono progresivo do noso idioma. Entón, teremos que preguntarnos se as estratexias de recuperación da lingua que se seguiron desde aquel momento foron adecuadas.

Se un se para a avaliar (iso que tan pouco se practica) como se desenvolveu todo este proceso ao longo da última trintena, non pode máis que considerar un fracaso a estratexia de promoción da lingua que se proxectou desde ese axioma e, polo tanto, un fracaso de todas aquelas persoas que participamos nela.

A situación actual é moito peor que hai trinta anos: hai moitos menos galegofalantes e hai un sector importante da sociedade que, baixo o amparo da democracia, inventou a falacia da imposición lingüística (xa non é o franquismo, xa non son os de fóra os que queren exterminar a nosa lingua. Non. Son galegos coma nós). Mais o peor de todo é que os grupos que se consideran máis representativos na defensa do idioma están condicionados por unha ideoloxía lingüística conservadora que lles impide ter, e mesmo permitir, unha nova estratexia.

Alén disto, temos que lembrar que a sociedade galega hoxe vive nun mundo globalizado, para ben e para mal, e iso, por moito que haxa grupos que non queiran aceptalo e interiorizalo, é algo que non podemos (queremos?) evitar. Neste mundo global a cidadanía vai tender ao plurilingüismo. Ten entón algún sentido manter o dogma dun monolingüismo en galego en oposición ao castelán que, á vista da situación actual, deu escasos resultados?

Mudaron as vontades?

Pensamos que chegou a hora de mudar o rumbo nas estratexias de promoción do idioma. Só así teremos algunha oportunidade, só así a nosa lingua poderá ter futuro. Non podemos permanecer ligados a argumentos do pasado, inservibles no presente.

Todas as persoas que queremos un futuro para a lingua galega debemos participar dunha nova estratexia de promoción:

unha estratexia que fuxa da endogamia e que se abra á sociedade galega (fale a lingua que fale), que se abra ao mundo sen medo a perder nada (porque aí si que hai unha morea de posibilidades), que abandone definitivamente esa pegada ruralista tan letal para o prestixio da lingua (porque aínda que amemos a aldea da que somos parte, o mundo desde hai moito tempo ten como epicentro a cidade).

Neste novo rumbo temos que abandonar definitivamente o resistencialismo táctico, non só por estéril (foron escasos os réditos acadados, tanto na oposición como no poder), senón por ser socialmente contraproducente. Temos que ir máis alá de nós mesmos con ilusión e mesmo con alegría, sen adoutrinar a ninguén, evitando eses manidos desexos de pureza ideolóxico-lingüística que non conseguen máis que afastarnos da sociedade. Debemos apostar por unha sociedade plurilingüe na que o punto de partida sexa a nosa lingua, como lingua de identidade e tamén como lingua de relación co mundo.

Moitas destas ideas non son outra cousa que evidencias, mais o activismo lingüístico actual non fixo ningún acto de aggiornamento e quizais esta sexa a última oportunidade: se non mudamos o noso enfoque, como pretenden algúns grupos, imos irremediablemente camiño da marxinalidade lingüística, paralelamente ao que xa se comeza a albiscar nos ámbitos social e político.

Nestas coordenadas tamén cómpre ter en conta o ámbito institucional. Así pois, outro tanto lle debemos esixir ás institucións que ostentan un poder simbólico e de complicidade na elaboración das políticas culturais e lingüísticas que se levan a cabo no país. Querémolo dicir alto e claro para que non fiquen dúbidas : aquelas institucións creadas ex profeso para velar pola cultura e o idioma galego deben deixar nun segundo lugar calquera tipo de prebenda, por mínima que sexa, e estar á altura da circunstancias históricas en que estamos. A cidadanía consciente deste país estará ao axexo para ver se os seus pasos se encamiñan a pensar no beneficio duns poucos ou no beneficio do pobo, se son capaces de colocar a lingua de todos por riba do interese dunha minoría. Saberemos se tamén neste ámbito percibiron as mudanzas dos tempos e se están dispostos a actuar coa máis firme das vontades.

En definitiva, trátase de que todos e todas teñamos a intelixencia e a valentía de xogar en campo alleo. Chegou o momento. Comecemos!

Miguel Louzao Outeiro

O texto en pdfMáis alá de nós (mesmos)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A serie “Grandes escenas patéticas do cinema mundial” presenta:

celuloide3

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A serie “Grandes escenas patéticas do cinema mundial” presenta:

celuloide2

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A serie “Grandes escenas patéticas do cinema mundial” presenta:

celuloide4

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Lingüística e nacionalismo lingüístico español

Conferencia na Universitat Oberta de Catalunya de Juan Carlos Moreno Cabrera, catedrático de Lingüística General na Universiad Autónoma de Madrid, onde se desmontan algúns mitos sobre a "lingua común".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ana Iglesias conversa con “Falantes”

A sociolingüista Ana Iglesias, autora de Falar galego: "no veo por que", realizou unhas breves pero proveitosas reflexións para o noso blog.

No primeiro vídeo comenta a situación de desigualdade en que se atopan o galego e o castelán e fala da necesidade de practicar políticas activas a prol do galego para intentar superar este desequilibrio.

No segundo valora negativamente as decisión que en materia lingüística está a adoptar o actual goberno da Xunta de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A que está agardando o conselleiro Jesús Vázquez?

v300_275446Os resultados das polémicas e acientíficas enquisas sobre a escolla lingüística no ensino levan xa un mes na Consellaría de Educación sen que a cidadanía teña acceso a ningún tipo de dato fiable e obxectivo.

A última información que chega da Consellaría xuntificando o atraso no escrutinio dos datos son estas disparatadas declaracións que publica o xornal Galicia Hoxe. Non teñen desperdicio:

...asegúrase desde a consellería que "traballan cinco días á semana sen descanso" e xustifican o atraso polo "complicado que resulta abrir os sobres". Algúns destes sobres, puntualizan, "están pegados con lotite e, mesmo, grampados" porque houbo pais -engaden- "que quixeron manter a súa identidade estritamente oculta".

Para Galicia Hoxe, a duración da análise das enquisas só é comparable, nos Estados democráticos, ás eleccións estadounidenses do ano 2000 nas cales gañou George Bush con escasa vantaxe e que, curiosamente, foi un dos recontos de datos tido por menos limpo e transparente nas democracias occidentais... Será iso só unha coincidencia? Por outro lado, afirma o xornal que:

Nin na India, onde existen 600 millóns de electores, se tarda tanto en obter uns resultados e o caso da Consulta Vázquez só tería parangón, pola súa dilatada duración, en certas situacións excepcionais en África, como é Zimbabue.


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Davila: “Funcionarios sen o galego”

davila_17_07_09

Fonte: Faro de Vigo, 17-07-09

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Botan dúas mulleres dunha tenda por falar galés

Enterámonos por chuza.org dun caso de discriminación lingüística no Reino Unido. Dúas irmás galesas foron convidadas a saír dunha tenda na illa de Wight por falaren entre elas galés. O caso transcendeu porque unha delas deu en levalo diante da Equality and Human Rights Commission do Reino Unido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Lingualoxía

Da lingua xa falaron os políticos. Xa falaron tamén os opinadores todos, os xornais, as radios e as televisións.  Tamén as asociacións, os colectivos e até as organizacións non gubernamentais...É hora de falarmos a xente da rúa. Velaquí un bo comezo.

Lingualoxía. Parte 1ª

Lingualoxía. Parte 2ª

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google