Presentación

Neste momento en que á lingua galega se lle está recortando o escaso terreo gañado desde que en 1983 se aprobou a Lei de Normalización Lingüística, sentimos a necesidade urxente de que a sociedade civil, desde os máis diversos ámbitos do tecido social galego, sen partidismos nin sectarismos, se organice para reivindicar os seus dereitos.

Pensamos que cómpre crear canles que divulguen alto e claro que somos moitos e moitas os que cremos que a diversidade lingüística é un ben que cómpre protexer. Que non hai linguas que sobren, nin hai FALANTES de primeira e de segunda categoría. Que non estamos dispostos a renunciar a un ben cultural de primeira magnitude como é unha lingua que se leva falando dende hai máis de 1000 anos e que está na nosa man que se fale 1000 máis.

Cómpre crear altoFALANTES que difundan:

  • Que o galego é un patrimonio común de todos os cidadáns e cidadás de Galicia, independentemente da lingua que empreguen maioritariamente.
  • Que as linguas serven para comunicarse e que o galego é unha lingua de pleno dereito que segue a ser ferramenta de comunicación de gran parte da poboación galega.
  • Que o galego é unha lingua útil, que falan diariamente milleiros de persoas dentro e fóra de Galicia, que len diariamente milleiros de persoas dentro e fóra de Galicia, que nos abre as portas a millóns de persoas de fala portuguesa…
  • Que está demostrado que as persoas bilingües desenvolven maiores destrezas á hora de adquirir unha terceira lingua. Cantas máis linguas saibamos, mellor dotados estaremos para aprender unha nova.
  • Que as administracións teñen a obriga legal de garantir o pleno coñecemento do galego, en igualdade de condicións co castelán. Só tendo un coñecemento igual das dúas linguas se pode ser libre para decidir en cal das dúas se quere falar.
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google