Os occitanos tamén defenden na rúa os seus dereitos lingüísticos

Enterámonos vía vilaweb dunha nova manifestación celebrada en Carcassona a prol da oficialización da súa lingua e da súa presenza no ensino e nos medios de comunicación. Arredor de 30 000 persoas percorreron as rúas da cidade do Languedoc, triplicando deste xeito a asistencia á  primeira marcha, no 2005 en Carcassona, e duplicando a de hai 2 anos en Béziers. A manifestación foi organizada por diversas entidades que traballan a prol da lingua occitana, o Institut d’Estudis Occitans, Felibrege, FELCO, Calandreta e Òc-Bi. Velaquí o seu  manifesto en pdf.

A situación legal dos falantes de occitano non é uniforme xa que a lingua se estende por 3 estados europeos diferentes.  Os e as  5000 falantes de aranés, -variedade do gascón falada na Val de Arán, Cataluña-, gozan da co-oficialidade do seu idioma, -de feito dende 2006 esta co-oficialidade estendeuse do propio val a toda Cataluña-. O aranés está presente no ensino e nos medios pero perde falantes entre a xente nova, onde menos do 25% dos cativos e cativas falan aranés. Nas Valadas Occitanas, -vales occitanos-, do Piamonte  e en Calabria existen arredor de 40 000 falantes e malia teren protexidos os seus dereitos lingüísticos por unha lei de 1999, a realidade mostra que o occitano está ausente do ensino, tamén practicamente dos medios de comunicación e que como consecuencia o italiano e mais o dialecto piamontés son empregados maioritariamente pola mocidade. En Francia a situación é semellante. Non se teñen sequera datos fiables do número de falantes, que se estima pode roldar o millón e medio. Malia existiren iniciativas privadas como as Calandretas, -escolas bilingües-, a política lingüística francesa segue centrada na exclusiva promoción do francés. Manifestacións como a de Carcassona evidencian o descontento da poboación occitano-falante con esa liña de imposición.

DSCF2192


O contaxio

comis2

Remake

manhattan-comic23

Iconas da incultura Pop: Gloria Lago

glorylake1

Hai ideas máis contaminantes cas bolsas de plástico

bilingcaca

Ferramenta de expresión

Fedellando pola rede atopamos este tema dos Dios Ke Te Crew. Celso Emilio ao xeito do hip-hop. Vellos versos nas novas linguaxes para lle volver dar feitura a unha reivindicación na que seguimos a insistir medio século despois.

A Academia cumpre o seu papel

Moitas cidadás e cidadáns que cremos no cumprimento da lei en materia lingüística, que reclamamos a adopción de medidas que garantan os dereitos das persoas galegofalantes e que esiximos que a presenza do galego en Galicia estea plenamente normalizada, estamos a sentirnos fortemente desamparadas fronte ás medidas que pretente impoñer o goberno de Núñez Feijoo.
As institucións que deben velar pola defensa dos nosos sinais de identidade (nomeadamente a RAG e o Consello da Cultura) deberían reaccionar decote e con maior firmeza ante o incumprimento da lexislación lingüística e o retroceso que este goberno está a iniciar, servindo así aos fins para os que foron creadas e dando abeiro á cidadanía que ve como o incumprimento da lei fica impune.
Por isto, cómpre recoñecerlle ao presidente da Real Academia Galega, Ramón Barreiro, o valor das declaracións feitas esta fin de semana ante Núñez Feijoo.

A plataforma Prolingua recolleu nesta anotación as noticias publicadas sobre o tema na prensa electrónica.

O exemplo chega de lonxe

Coñecimos este vídeo, dunha serie de 5, que contén unha reportaxe sobre os cursos de galego para persoas estranxeiras organizados pola Universidade de Santiago de Compostela. Na presentación do vídeo dise o seguinte:

Dende hai varios anos a Universidade de Santiago de Compostela vén organizando os Cursos de galego para estranxeiros. Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes de todo o mundo se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura. Hai xa algún tempo tres compañeiros de instituto gravamos unha reportaxe sobre estes cursos. Dado que os que realizamos o vídeo traballamos no ensino, a nosa intención era elaborar unha ferramenta audiovisual que constribuíse á normalización do noso idioma e á eliminación dos prexuízos lingüísticos entre aqueles alumnos e alumnas que aínda non fixeron do galego a súa lingua de uso habitual. Probablemente non exista un método máis eficaz para o desbotamento deses prexuízos que aínda atenazan a boa parte do estudantado galego, cá contemplación dun vídeo na que, por exemplo, unha húngara exprese as razóns que a moveron a estudar galego e que o faga cun coñecemento do noso idioma realmente envexable. Ogallá vos guste e moitas grazas aos amigos estranxeiros, pero xa fillos de Galiza, que participaron no documental.


Falamos con Héitor Mera, o primeiro en ler na UNED unha tese en lingua galega

Venres, 12 de xuño de 2009. Tras anos de batallas administrativas e políticas, o filólogo cangués Héitor Mera é o primeiro alumno galego da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) que exerce o dereito a defender unha tese de doutoramento no seu idioma. Coa lectura do traballo “Vida e obra de Bernardino Graña”, polo que recibiu un sobresaliente cum laude, pechaba preto dunha década de atrancos ao seu labor investigador por empregar a nosa lingua. Xa en 2003 lle rexeitaran unha tesiña por estar escrita en galego, mais conseguiu que lla aceptasen despois de que o tema chegase aos Parlamentos galego e español. O Consello de Goberno da UNED tivo que recoñecer que os doutorandos poden presentar os seus escritos “en calquera lingua oficial das comunidades autónomas e dos Estados sempre que o tribunal o autorice e os seus membros teñan coñecemento do referido idioma para poder avalialo xustamente”. Conversamos co filólogo cangués sobre unha loita que rematou cunha das moitas situacións de desigualdade que vive o galego no sistema de cooficialidade do Estado español.

A cuestión lingüística

Publicado en El País o 27-08-09.

La cuestión lingüística

José Antonio Martín Pallín (maxistrado e comisionado da Comisión Internacional de Xuristas)

Grandes países admiten y protegen variantes lingüísticas. El Reino Unido, con la especialidad escocesa y la singularidad del gaélico. Canadá comparte dos idiomas universales como el inglés y el francés. Los ejemplos son numerosos. Nuestro país, después de treinta años de Constitución y de una transición que dicen modélica, mantiene abiertas demasiadas cuestiones del pasado. El Estado no ha sido capaz de librarse de los símbolos religiosos, las decisiones sobre la interrupción voluntaria del embarazo o la eutanasia son todavía fuente de confrontación plena de anatemas, el modelo educativo y la clase de escuela se mantiene en continua inestabilidad e incertidumbre con grave quebranto de nuestro nivel de conocimientos y de nuestra competitividad.

El debate lingüístico tiene en nuestro caso siempre dos dimensiones. La genuina y única admisible que se centra en el núcleo geográfico en el que el idioma se encarna y otra que se deriva de los resabios autoritarios potenciados por algunos medios. Quieren imponer la España una, grande y libre, sabiendo que la grandeza pertenece al pasado y que la libertad era una contradicción insoportable.

La Constitución de 1978 que establece el llamado Estado de las Autonomías, lo más parecido a un Estado federal con todas las asimetrías que quieran establecerse, incurre en una indeseable incoherencia y ambigüedad en materia lingüística. Constitucionalmente las autonomías deben tener una denominación histórica, una delimitación territorial, una organización administrativa y unas competencias. La oficialidad de otras lenguas que no identifica, ignorando su implantación histórica, deja el camino expedito para toda clase de conflictos. El articulo 149 atribuye al Estado la regulación de cuanto afecta a la igualdad de todos los españoles en el ejercicio de sus derechos y en el cumplimiento de los deberes constitucionales. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en sus respectivas comunidades autónomas de acuerdo con sus Estatutos. ¿Cuáles son las demás lenguas españolas? Se debió aludir de forma expresa al euskera, el gallego y el catalán sin dejar espacio a otros dialectos que han abierto frentes absurdos entre Cataluña, los Países Valencianos y Mallorca.

La lengua es el vehiculo para la libertad de producción literaria y la libertad de cátedra o enseñanza. El derecho a la educación tiene como objetivo conseguir el pleno desarrollo de la personalidad. Nunca debe ser un método de dominación o discriminación. Nadie puede sentirse discriminado dentro de la igualdad y de la aceptación de la ley. En el capítulo específico de los deberes constitucionales no figura el de conocer y usar la legua castellana española. Solo se recoge como proclamación preliminar en el artículo 3.

Algunos, preocupados por la desgalleguización (¡) de las cajas de ahorros, reclaman, al mismo tiempo, una absoluta autarquía para elegir, allí donde les plazca, el idioma que quieran para la educación de sus hijos. Coherentemente los gallegos, catalanes o vascos podrían exigir que sus hijos, en otro lugar de España, puedan optar por sus idiomas vernáculos y estatutarios. Se empeñan en crear un problema donde no existe. Nadie con sentido de la objetividad puede sostener que el bilingüismo en las autonomías es un problema para la integridad de los valores constitucionales.

El Decreto gallego de normalización reconoce las insuficiencias del presente y expresa el deseo de implantar hábitos lingüísticos, nunca de forma impositiva sino buscando que cale en el alumnado la utilidad del gallego. Su contenido es plenamente constitucional y busca la cooficialidad del gallego y el castellano en plena sintonía con el mandato y el espíritu del pluralismo.

Las normas pueden ser cambiadas por los mecanismos parlamentarios pero no siempre las mayorías aciertan al imponer su voluntad. Corresponde a los políticos tomar las decisiones, valorar su sintonía con la realidad social y calcular los costes electorales.

A mellor fórmula para eliminar as manchas de galego con suavidade

gallina_azul_2

Das peores falacias

Publicado en Galicia Hoxe (18/08/09):

Sectores sociais e políticos defensores da hexemonía do castelán están a recuperar a estratexia da negación da represión lingüística sufrida ao longo da historia polos galegos

O negacionismo da represión lingüística sufrida polos galegos ao longo da historia é unha das estratexias que os sectores sociais e políticos defensores da hexemonía social do castelán están a recuperar para atacar o movemento normalizador. O polémico artigo de Andrés Freire, filólogo e un dos creadores de Tan gallego como el gallego publicado hai uns meses pola FAES é só un exemplo disto.

Galicia Bilingüe recoñece porén que os galegofalantes sufriron “agravios” no pasado, aínda que mantén na súa web como libro recomendado La normalización lingüística, una anormalidad democrática. El caso gallego, de Manuel Jardón, outro bo exemplo de negacionismo, que serviu moito no seu día para sustentar o discurso da Asociación Gallega por la Libertad del Idioma (AGLI).

Jardón, que non era filólogo, asegura que o a sociedade galega se inseriu “espontaneamente” no castelán seguindo a “marcha normal dos acontecementos históricos” que foron convertendo o castelán na lingua asociada ao prestixio e o ascenso social. A “vitalidade” e “superioridade” do castelán xustifica, ademais, ao seu ver, este proceso, no que o galego se mantivo, segundo el, polo “atraso” do campesiñado e a presión do nacionalismo, entre outros factores.

A idea dunha presunta “natural superioridade” do castelán non é nova, porén. E asenta as súas raíces moito antes das últimas décadas: promoveuna o nacionalismo español de primeiros do século XX: a Escola Filolóxica de Madrid de Menéndez Pidal…

O filólogo e profesor Henrique Monteagudo axuda no seu libro Historia social da lingua galega (Galaxia, 1999), a contestar os enfoques anteriores. Segundo comenta, os filólogos e historiadores de tradición nacional española tenden a interpretar a expansión do castelán como resultado do seu maior prestixio cultural e literario, mentres que os de tradición nacional da periferia salientan o factor da dominación sociopolítica de Castela e a imposición -imperialismo…-. Monteagudo cre que a primeira perspectiva entraña parte de verdade, pero se se sitúa no contexto dos argumentos da segunda: o prestixio do castelán procede de ser de facto a lingua do Estado, non dunha suposta e indemostrable superioridade…

O nacionalismo galego subliña na súa análise o centralismo, o intento de uniformización cultural e opresión que os datos verifican e que a filóloga María Pilar Freitas explica no seu libro A represión lingüística en Galicia, (Xerais, 2008).

A lexislación é un dos ámbitos que mellor evidencian esta represión. E a da ditadura franquista -que os negacionistas tenden a esquecer- representa só unha fase dun proceso que viña de antes. Os exemplos son múltiples. O rei Alfonso XIII asinou no 1902 un decreto que obrigaba todos os mestres a impartir as aulas en castelán -o obxectivo destas leis era acabar coa expansión do catalán-.

No 1923, xa na ditadura de Primo de Rivera, outro decreto prohibe utilizar idiomas distintos do castelán nos actos oficiais. No mesmo ano, unha real orde prohibe o ensino dos “dialectos o lenguas regionales” nos “establecimientos docentes oficiales”, e un mes despois do golpe de Estado a Dirección General de Enseñanza xa dirixira unha circular a tódolos gobernadores provinciais de Cataluña para que os mestres preparasen os nenos para que en tres anos estivesen en condicións de recibir todo o ensino en castelán. No 1925 unha real orde prohibiu nas escolas os libros que non estivesen redactados en castelán.

A lexislación represiva foi en aumento na primeira etapa do franquismo. Unha orde do 1940 prohibiu os rótulos ou anuncios que non estivesen en castelán. No mesmo ano unha orde ameazou os funcionarios coa destitución se non usaban o castelán. No 1944 un regulamento do notariado establece que os instrumentos públicos deben redactarse en “español”.

No 1957 un proxecto de lei indica que no rexistro civil só deben inscribirse nomes en castelán. A propaganda incidía tamén na idea do monolingüismo en castelán e a asociación do galego co atraso e a incultura -é famoso o “No sea usted bárbaro. Hable castellano”-. O galego era atacado desde a prensa, como o eran as persoas que o defendían: cando Manuel Murguía era presidente da Real Academia Galega foi acusado de “separatista”.

Nos 70 a lei comezou a permitir o ensino do galego na escola e o seu uso na Administración, sempre de xeito subordinado ao castelán. O “decreto do bilingüismo” do 79 en teoría introducía o galego como materia obrigatoria en parte do ensino, pero na práctica levou á sanción de docentes como Xosefa Baamonde por dar aulas en galego.

Entrevista a Juan Carlos Moreno Cabrera

Entrevista ao lingüista Juan Carlos Moreno Cabrera, onde fala sobre o plurilingüismo.

Dúas análises dos resultados da consulta sobre as linguas no ensino

Recomendamos a lectura de dous artigos de opinión publicados na prensa tras facérense públicos os datos da “consulta sobre a utilización das linguas no ensino”.
O galego segue a ser popular, Xavier Vence (Xornal de Galicia, 31/07/09)
O dano está feito, Manuel Bragado (Faro de Vigo, 02/08/09)

A austeridade, a verdade e a liberdade do goberno de Feijoo en relación coa lingua

A semana en que se cumpren cen días do goberno do PP na Xunta de Galicia puidemos ler en varios medios de comunicación as declaracións do señor Rodríguez Miranda, voceiro do PPdeG, nas cales aplaudía a xestión de Núñez Feijoo dicindo que esta estivo articulada arredor de catro eixos: “austeridade, unidade, verdade e liberdade”. Se no resto das políticas levadas adiante dende outros departamentos da Xunta se cumpriron estas máximas do mesmo xeito que no tocante á política lingüística, estaremos en disposición de asegurar que os eixos centrais da política de Feijoo son o malgasto, a mentira e a demagoxia.

MALGASTO E MENTIRA. Onte soubemos pola prensa que, tras desmentilo en reiteradas ocasións, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, recoñecía ter contratado unha empresa para realizar o escrutinio da famosa enquisa sobre o galego no ensino. Hoxe a prensa publica que non foi unha, senón dúas as empresas contratadas. O goberno mentiulle á cidadanía e esa mentira vainos saír cara.

En plena crise económica, este goberno que presume de austeridade destina cartos públicos a pagarlles a dúas empresas para, nada menos, xestionar unha enquisa partidista, demagóxica e sen garantías democráticas. Partidista porque soamente pretende xustificar o que o PP máis intolerante prometeu durante a campaña electoral; demagóxica porque na enquisa non se lles explica aos pais/nais claramente o que supón elixir cada unha das opcións que se ofrecen, e sen garantías democráticas porque non se atén a ningún criterio de transparencia xa que, como é sabido, en ningún momento se garantiu que fosen realmente os pais os que cubriron as enquisas nin sequera que chegasen a todas as casas; a cidadanía aínda está a agardar por uns datos que en calquera sistema minimamente democrático xa deberían estar á disposición pública hai bastantes semanas e, a xoia da coroa, sabemos hoxe que o conselleiro mentiu sobre o proceso de escrutinio.

Pero isto non é todo, este goberno que presume de austero non só contrata dúas empresas sen anuncialo publicamente, senón que, segundo se publica hoxe, unha das empresas é valenciana. Ao señor Feijoo, que di defender os intereses de Galicia, non lle parece importar que o diñeiro público dos galegos e galegas non vaia reverter nunha empresa que teña o seu CIF en Galicia. Por certo, cando pensan dicirnos como de cara nos vai saír a ditosa enquisa (xa se está a falar duns 400.000 euros)? E por que non se destinan eses cartos a cousas máis útiles e que beneficien á totalidade da cidadanía como, por exemplo, garantir a calidade do ensino nas Escolas Oficiais de Idiomas, onde se pretende recortar o número do profesorado?

DEMAGOXIA. Non se pode ser máis demagóxico ao afirmar que o goberno do PP se basea na liberdade, tomando como exemplo a liberdade de “expresarse no idioma que cada un escolla”. Con este tipo de declaracións, o Partido Popular só está a conseguir darlle alas a organizacións galegófobas, antidemocráticas e mentirosas (organizacións que inventan discursos de imposición nos cales ninguén que reflexione minimamente pode acreditar ou animan aos seus correlixionarios a pasar por riba da lexislación educativa e lingüística da que nos dotamos democraticamente).

Señor Miranda e señores do Partido Popular, en Galicia, como no resto do mundo, ninguén é totalmente libre para escoller unha lingua. O coñecemento e o uso de determinadas linguas dentro dun territorio responde á aplicación de determinadas políticas lingüísticas ligadas á educación e á organización do Estado. Ou é que o señor Miranda é libre para escoller falar, por exemplo, en chinés? Vai animar o señor Miranda aos pais que así o desexen a que merquen libros de texto en chinés se escollen “en liberdade” que esa sexa a lingua na que queren que se eduquen os seus fillos?

En Galicia, para que unha persoa teña certa liberdade para elixir que un dos dous idiomas oficiais sexa a súa lingua de uso habitual ten que ter garantido o mesmo nivel de competencia lingüística nas dúas linguas. A día de hoxe, sabemos que o estudantado remata a educación obrigatoria cunha competencia moito maior en castelán ca en galego, polo que non se pode dicir que a sociedade escolla libremente falar castelán, senón que a educación e gran parte dos ámbitos sociais dotou a sociedade de maiores competencias nesa lingua. Iso chámase xogar con vantaxe.

Tras estes primeiros cen días, máis que garantir a liberdade de uso do castelán (que xa hai ben tempo que está garantida), o goberno da Xunta debería centrar os seus esforzos en garantir iguais competencias nas dúas linguas oficiais de Galicia e -tal e como dita o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento- en dinamizar a lingua galega por ser a que xoga con desvantaxe na nosa sociedade.

“Consideraciones sobre el euskera”. Joan Garí

Moito mellor nos iría nestes tempos escuros se este artiguiño tan breve como clarificador escrito por Joan Garí fose de lectura obrigatoria. A verdade que encerra a frase que reproduzo a seguir  debería arroibar a máis de un (se aínda tivesen algo de vergonza):

El “bilingüismo” es un fenómeno individual, que afecta a las personas y no a los territorios. No tiene ningún sentido afirmar que Euskadi es “un país bilingüe”. Los que son bilingües son una parte de sus habitantes, en concreto aquellos que hablan euskera y castellano. Los que sólo hablan castellano (puesto que ya no quedan hablantes exclusivos en euskera) son monolingües.

Linguas cruzadas

Dende flocos.tv pódese ver este documental realizado no ano 2007 que fala da situación do galego dende unha perspectiva da xente nova.

Fonte: Flocos

Liberdade sen igualdade:

black_guy_drinking_water_in_usa_in_fifties3

Mimetizándose co medio

villarescheftexto2

Educación infantil en galego

Unha das primeiras medidas lingüísticas tomadas polo actual goberno da Xunta foi modificar o borrador do Decreto de Educación Infantil que dicía que Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado progrese no coñecemento da outra lingua oficial de Galicia. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá. O feito de lles garantir o coñecemento da lingua galega a todos os nenos e nenas, independentemente da súa lingua materna,  foi considerado polo Partido Popular, seguindo os ditados de organizacións galegófobas como Galicia Bilingüe, como unha imposición.

O actual decreto de Infantil eliminou calquera tipo de referencia a cotas de uso das linguas o que de seguro se vai traducir nunha diminución do emprego do galego en contornos castelanfalantes. A nova redacción fica desta maneira: Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios desta etapa.

Recomendamos esta interensante reportaxe (de 2008) sobre experiencias de ensino en galego en educación infantil con testemuños de nais, pais e mestras sobre a necesidade de que se potencie o ensino en lingua galega.

Páxina seguinte »